I CERTAME DE RELATOS CURTOS

eufundevivo

2021-04-07

I CERTAME de RELATO CURTO EUFUNDEVIVO SOBRE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO E O SEUS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN

san andres de teixido

CONCURSO

O I Certame de relatos curtos EUFUNDEVIVO, sobre San Andrés de Teixido e os seus camiños de peregrinación, nace co obxectivo de poñer en valor o patrimonio intanxible que envolve este santuario de peregrinación.

CONDICIÓN DE PRESENTACIÓN DOS RELATOS

1.    O relato deberá ter unha extensión mínima de 2 páxinas e un máximo de 10, con tamaño de fonte Arial 11 e entreliñado de 1,5.

2.    Tema: San Andrés de Teixido e os seus camiños de peregrinación.

3.    Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (páxinas web, publicacións escritas, redes sociais, etc.)

4.    Os relatos estarán escritos en lingua galega ou castelá.

5.    Tódalas obras constarán de título e estarán asinadas cun pseudónimo.

6.    Os e as participantes cederán os dereitos das obras así como a súa difusión en exclusiva a EUFUNDEVIVO ®

7.    Os relatos presentaranse por vía e-mail no enderezo info@eufundevivo.es con data límite o día 10 de maio de 2021, este inclusive. No caso de que se desexe presentar algún manuscrito, a persoa deberase poñer en contacto na dirección indicada onde se lle indicarán os pasos a seguir.

PREMIO

O premio será para 1 persoa gañadora. Consiste:

-        Visita guiada en San Andrés de Teixido para 4 persoas (Realizada por un Guía Oficial de Turismo de Galicia)

-        Diploma

-        Publicación do Relato nas Redes Sociais de EUFUNDEVIVO

-        Lote de produtos de EUFUNDEVIVO

-        Sanandreses  - Artesanía local

XURADO

O xurado estará composto por poboación local e persoas vinculadas a San Andrés de Teixido. Deste xeito, preténdese integrar aos diferentes actores sociais do territorio no desenvolvemento e difusión do mesmo. O veredicto do xurado será inapelable.

A comunicación da persoa gañadora será a través das Redes Sociais (Facebook, Instagram…) e páxina web de EUFUNDEVIVO, aínda que tamén se contactará  a través do mail de participación.