"As rosquillas" es el relato ganador del III Certamen de Relatos de EUFUNDEVIVO a San Andrés de Teixido

7/14/2023

Título: As rosquillas Autor: O da Silva

“Mañá non quero ir a praia”,dixenlle a meu pai.Xa estaba farto de tanto veraneante e de tanta festa.Despois da Patrona , so me apatecia tranquilidade. Meu pai díxome “maña hai festa en San Roque en Reboredo,imos alo”.Eu pensei ,”outra festa máis….”. Levantámonos cedo,e meu pai dixo de ir camiñando que era moi bo para o corazon,lle dixera Don Juan o noso médico.Eu accedín,pois si o dixera Don Juan sería certo.Para min aquel home era o mellor da Vila, e non se lle podia discutir. Saimos do camiño da Silva onde vivíamos e fumos atallando por carreiros ata chegar a Reboredo

Era un 23 de agosto e chegamos cedo, ainda habia pouca xente: “Papá,aco non hai cochitos nin nada….”.Meu pai dixome que haberia procesion despois da misa e merendola e que quedara tranquilo que o ia pasar xenial.Non era unha festa coma as que eu imaxinaba.Xuntámonos o final cuns veciños e empezaron a falar das suas cousas e eu fun escoitando o que dician: “Tes que levar o teu fillo a San Andres a pe si che aproba todo”,decianlle a meu pai con sorna.

A verdade era mal estudiante xa con 12 anos.O meu pai contestou que lle tiña máis fe a San Cosme que para algo era de Piñeiro.Todos botaron a rir ,menos eu... O dia seguinte púxenme a estudiar naturais,a asignatura que sempre suspendia.A geoloxia era o tema que menos me gustaba ,A estructura da terra,as capas,as placas,as rochas,metamorfismo,deformacions…...para min todo se resumia nunha palabra: pedras.

Miña nai apareceu no salon e veume pasando as follas,e dixo : ”ese debuxo semellan os amilladoiros que hai camiño a San Andres”

¿Amilladoiros?,esa palabra non viña no libro e dixenlle a miña nai que me falase deles. Contoume cos romeiros tiñan a costume de botar pedras nos amilladoiros para asi cando chegase o xuicio final saber que almas cumpliran a promesa de ir a San Andres de vivo.

O que non fora de vivo, ía ir de morto…

Eu pensei,coa miña inocencia de neno,”carallo,eu teño que ir de vivo,que si non de morto non vaia ser que non me queiran no ceo...”.Asi que a hora do xantar dixenlle a meu pai si o domingo iamos a pe a San Andres,que era moi bo camiñar para o corazon, como dixera Don Juan. Levanteime cedo o domingo e pensei que meu pai durmia pero non,xa estaba listo e preparado facia unha hora.As 7 da maña saímos e fumos andando pola carretera e ao chegar as Pontigas veume un arume a pan que me volveu a entrar a fame .Era do forno de Sergio que ainda estaba cocendo .Meu pai decidiu ir por Chimparra cousa que non era o normal ,pois dende As Pontigas a xente da Vila subia cara a Bouza. e o Formigueiro:

- “¿Por que vamos por Chimparra?”,preguntei. Meu pai respondeu que iamos a ir mais tranquilos,con menos coches pola carretera e que tiña unha sorpresa. Collimos un carreiro e seguimolo.Eu ia pensando todo o camiño que cal seria a sorpresa.Ver os cabalos,un lobo,unha bruxa,unha paradiña para almorzar o meeu bocata de nocilla. Pero non, chegamos e alí apareceu unha fervenza, a fervenza de Chimparra. Despois entereime que os das Barrosas enfadabanse si lle chamaban asi.O Rio Condomiñas formabase coa union de varios regos,o de Reboredo ,onde estaba a Fervenza,o Rego De Tigon,o das Pontigas: - ¿Pero onde nacia realmente?.Pronto o ia saber

Subindo Chimparra,na ultima casa,un home ,un home saiu a saudarnos.Chamoulle a atencion ver romeiros por ali.Botamos falando un anaco e antes de irnos,dixome que él non tiña fillos e que gardaba un libro na casa que me ía vir ben para a escola.Era un agasallo asi que acepteino de bo grado.O home apareceu cun libro,sen debuxos na portada, e que poñia ”La comarca de Teixido y Sierra de la Capelada.Estudio Geografico.Santiago.1979”.

Abrino e funo ollando polo camiño ata chegar o Miradoiro dos Carris.Ali sentámonos a descansar meu pai máis eu, e aproveitei a ollar aquel libro con máis calma.Fun lendo as figuras , e aprendin ca serra da capelada pode chegar a máis de 600 metros de alto nalgúns lugares,que habia caidas de mais de 400 metros,e que se podian diferenciar 3 conxuntos topograficos de norte a Sur ,dominados polos altos de Limo,Herbeira e Concepenido.

Aquel libro era a “hostia”, ¡ían a flipar os meus compañeiros o curso que ben cando sacara notaza!

O pé do mirador dos Carris vin o famoso amilladoiro que dixera miña nai.Un monton de pedras apiladas ,ou almas que non ian a vir de mortos a San Andrés. Botei unha pequena pedra que collera na fervenza de Chimparra ou das Barrosas.Xa podia estar tranquilo. Baixamos ata San Andres e ali xa ia estar miña nai co coche para traernos de volta.Aproveitei a brincar polo muro da igrexa,coa mala sorte que fun a caer encima dun toldo onde vendian as rosquillas.A muller co atendia cajábase en todo e dixome ”mal demo te coma,rapaz”.Eu enfadeime con ela e aproveitei que non me escoitaba meu pai e dixenlle a uns romeiros “non mercar estas rosquillas ,estan duras como pedras,como pedras dos amilladoiros”.

Eu ,”o da Silva”